Contacto Accesible Gallego - Accesible Castellano - Gallego - Castellano
PROCEDIMIENTO DE VOTO PARA LOS RESIDENTES AUSENTES
Para exerce-lo teu dereito ó voto, debes residir no extranxeiro e estar inscrito nalgún municipio da Comunidade Autónoma de Galicia na oficina consular que che corresponda. Para máis información, tes as listas de electores residentes no extranxeiro expostas nos consulados do 2 ó 9 de maio para comprobalo.
Os pasos a seguir para exerce-lo teu dereito ó voto son:

PRIMEIRO- Dos días 24 ó 30 de maio, envíanche dende as Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral, a seguinte documentación:

a) un Certificado de Inscrición no Censo,
b) o sobre e as papeletas dos partidos políticos para as elecións do Parlamento de Galicia,
c) un sobre maior dirixido á Xunta Electoral Provincial correspondente. Calcula que, aproximadamente, esta documentación empezará a chegarlle ós electores a partir do 30 de maio.

SEGUNDO- Deberás introducir no sobre maior dirixido á Xunta Electoral Provincial correspondente:

• O Certificado de Inscrición no Censo. Suelto, pois si está no outro sobre ca papeleta elexida o teu voto non será válido.

• O voto ó Parlamento de Galicia. No sobre correspondente introduce a papeleta do partido político que elixas, sin tachaduras ou anotacións que o invaliden.

TERCEIRO- Podes envia-lo sobre á Xunta Electoral de calquera das seguintes formas:

a) Entregandoo personalmente na Oficina Consular na que te atopas inscrito, non máis tarde do 12 de xuño
b) Por correo certificado urxente, non máis tarde do día 18 de xuño
« Volver
Copyright 2005, PSdeG-PSOE - Optimizado a 800 x 600 píxeles