Contacto Accesible Gallego - Accesible Castellano - Gallego - Castellano
Política industrial
Política industrial
O sector industrial galego é un re.exo, salvo algúns espazos, do modelo de crecemento. É un sector cunha dimensión medida das empresas inferior á española, o escaso contido tecnolóxico nos seus procesos e produtos e con emprego pouco cualificado. Así mesmo, os subsectores con maior peso na xeración de VAD, son sectores maduros (automoción), máis sensibles ós retos que formula unha economía globalizada.

Hoxe non se considera o sector industrial como o único indicador que mide ó dinamismo económico, pero segue desempeñando un papel fundamental polos efectos inducidos que xera noutras actividades económicas.

Ás debilidades do modelo económico baseado en salarios baixos e escasa produtividade, no caso do sector industrial hai que engadir a carencia de política industrial activa, por parte dos gobernos do PP, do que un dos expoñentes máis notorios, é a ausencia de equipamentos para a localización industrial nas áreas máis dinámicas do territorio.

O Goberno galego non acompañou ó desenvolvemento do sector industrial con políticas públicas de redución de custes, de fomento do I+D+I e de mellora do capital humano.

A política industrial do PP reduciuse a subvencións a fondo perdido ás empresas, sen obxectivos de.nidos nin avaliables.

A capacidade de competir da industria galega vese ameazada, non só polos factores endóxenos mencionados, senón tamén pola irrupción de novos países (PECOS, CHINA, INDIA,....) no mercado europeo, principal cliente das empresas galegas.

Política industrial activa

É necesario situar a política industrial nun primeiro plano político da acción de goberno, buscando estratexias de crecemento sectorial .exible co máximo de polivalencia de recursos produtivos en aras a minimizar os riscos que poidan xerarse por circunstancias de produción.

Os socialistas comprometémonos co apoio decidido cos sectores industriais consolidados, principais xeradores de valor engadido bruto, emprego, investimento, exportación, etc., e que somos conscientes de que estes deben actuar como locomotoras do desenvolvemento industrial sostible e sostido.

Para conseguir a excelencia empresarial é necesario fomentar a cooperación empresarial e a transferencia de tecnoloxía e coñecemento transversalmente, polo que debemos dirixir os recursos de forma prioritaria cara as áreas de concentración de actividades industriais, para que actúen como motores de competitividade, crecemento e emprego.

É por iso que nos propoñemos poñer en marcha as seguintes medidas:

1. Iniciar a conformación dun espazo económico de proximidade máis amplo mediante accións interrelacionadas: a complementariedade e a creación de redes internas que articule os centros industriais e poboacionais de Galicia, a promoción de fluxos de intercambio económicos, culturais e tecnolóxicos entre Galicia e as rexións veciñas e a potenciación das complementariedades e sinerxías coa rexión do Norte de Portugal na busca de un espazo natural máis amplo mutuamente bene.cioso nos campos económico, científico e cultural.

2. Mellorar a nosa interconexión loxística potenciando o seu transporte marítimo e ferroviario interconectando os principais centros de produción con ferrocarril, e este á súa vez cos portos galegos de maior trá.co internacional, complementando estas actuacións coa creación de plataformas loxísticas intermedias no interior de Galicia para paliar a escaseza de solo dispoñible na proximidade dos grandes portos.

3. Desenvolver a política de financiamento público de investimento empresariais privados fundamentados na igualdade de oportunidades, na oportunidade no tempo de .nanciamento e na adicionalidade dos apoio públicos en relación ós privados.

4. Priorizar nas políticas de subvencións os proxectos de nova creación que resulten innovadores, e con alto valor engadido, elevada demanda dos produtos, capacidade de exportación, os proxectos promovidos por novos emprendedores, os que contribúan ó peche de ciclos produtivos ou á fabricación de elementos intermedios das industrias e sectores tradicionais, así como os proxectos que contribúan a equilibrar a balanza comercial de Galicia, en particular por ser altamente exportadores ou substitutos de importacións.

5. Iniciar o apoio público ás actividades de maior compoñente tecnolóxico, ós investimentos intanxibles sobre os materiais territorialmente ás que contribúen a compensar os desequilibrios existentes.

6. Establecer como criterios en relación ás fontes de financiamento dos proxectos de investigación de acceso ó financiamento privado, con participación de entidades financeiras empresariais, así como o capital risco público.

7. Poñer en marcha un plano de fomento da calidade, a innovación e a seguridade nas industrias e empresas de servizos industriais que aposte pola calidade, o deseño e a diferenciación de produtos e o aumento do seu contido tecnolóxico.

8. Crear un observatorio coa participación da Administración autonómica e os axentes industriais e sociais para informar permanentemente sobre a situación e evolución da industria en xeral, servir de enlace entre os distintos sectores, coordinar as accións a emprender para a solución á problemática industrial e fortalecer os vínculos entre os entes públicos, privados e universidade.

Deslocalización: unha oportunidade

Atopámonos ante un novo fenómeno, a deslocalización de procesos industriais, sobre todo aqueles menos intensivos de man de obra pouco cualificada, incluso é posible que no futuro esta tendencia creza na medida no que as políticas de globalización económica vaian impregnando máis as nosas estruturas produtivas.

Pero a aparición de estas oportunidades da deslocalizacion ou desconcentración ou de relocalizacion xeogra.ca de empresas ou das distintas fases das cadeas produtivas ou de servizos non estarán baseadas en empregos de baixos salarios e de réximes de contratación especiais, insistimos, non queremos converter Galicia nunha área económica con condicións de traballo non homologables ás do resto da Unión Europea.

O efecto da deslocalización pode ser visto como un problema dende unha perspectiva a curto prazo, no sentido da inminente perda de emprego en sectores tradicionalmente básicos da nosa economía. Sen embargo, podemos observar a deslocalización como unha fonte de oortunidades para zonas como Galicia. Temos que trazar medidas xerais, nun marco estratéxico que deberá recoller as capacidades e habilidades que ofrece Galicia para poder empezar a falar de xeración de emprego de valor.

Isto implica poñer en marcha entre outras as seguintes medidas:

1. Analizar os sectores estratéxicos actuais, e promover a creación de novos sectores que poidan impulsar unha renovación económica na nosa comunidade autónoma.

2. Promover o desenvolvemento de modelos innovadores ó redor de tódolos sectores, primarios, secundarios e especialmente de servizos, que permitan mellorar os índices de produtividade e situar Galicia como unha rexión atractiva para a creación de novas compañías.

3. Realizar unha política integral que permita a creación de contornos de emprego cuali.cado, así como condicións de vida atractivas para a radicación de novas empresas.

4. Implantar modelos educativos máis orientados á internacionalización, potenciando a aprendizaxe de varias linguas, os intercambios, a utilización de novas tecnoloxías, a cercanía co mundo das empresas orientando os contidos educativos ás necesidades formativas das mesmas, e potenciando os ciclos de especialización e as certificacións técnicas a través de prácticas laborais.

5. Incentivar o uso de modelos de calidade industrial e de procesos de carácter internacional, e tratar a mellora continua como un de innovación, incluíndo con iso, os procesos de certi.cación referentes no mercado internacional. Que Galicia se distinga por ter proceso de mellora continua de caracter internacional (Six Sigma, Project Managemente Institute, CMM, Iso, etc...)

6. Orientar as infraestruturas tecnolóxicas en Galicia, de tal modo que sexa sinxelo, atractivo e alcanzable economicamente para que as empresas vexan na nosa comunidade autónoma un lugar idóneo para a creación de compañías. Socializar as tecnoloxías.

7. Estruturar unha infraestrutura multimodal, que comunique de forma eficiente os mecanismos de comunicación de Galicia. Xerar conexións entre as redes viarias, ferroviarias, marítimas e aéreas. Á súa vez, esta interconexión deberíase encadrar dentro da política de solo industrial e tecnolóxico.

8. Acordar co Goberno central e outras comunidades autónomas, así como empresas de cada sector a promoción do noso país como lugar idóneo para encontrar servizos/produtos de alto valor engadido. Apoio á promoción e creación de marca no exterior.

9. Crear foros para que as organizacións internacionais, como analistas de mercados e/ou medios de comunicación, poidan percibir Galicia como unha zona de importante despliegue económico.

10. Fomentar a creación de sectores industriais e/ou servizos de alto valor, que permitan a exportación dos produtos a países estranxeiros.

11. Crear para cada sector estratéxico, comisións, clústers ou observatorios, onde se involucren ás empresas, axentes sociais, universidade e Goberno, na busca de novas solucións ou estratexias para posicionarnos non só en España, senón que a nivel internacional.

12. Apoiar economicamente a creación de estudos sectoriais e de mercado a nivel internacional, para poder determinar as mellores fórmulas para que a industria galega sexa máis competitiva.


I+D+i Factor clave da competitividade

Tanto a Comisión europea como o Consello veñen manifestando a súa preocupación polo desfase tecnolóxico de Europa respecto de Estados Unidos. A situación de Galicia debería ser dunha maior preocupación xa que as súas cifras de investimento en I+D están notablemente por debaixo das medias Europea e española. Fronte a un 1,83% do PIB que invirte a Europa dos 25 e un 1,05% que o fai España, Galicia só alcanza unha cifra anual do 0,8%.

Un país desenvolvido só pode competir nos mercados mundiais tendo unha importante capacidade tecnolóxica. Hoxe competimos nunha economía aberta e xa non o facemos con salarios baixos, senón que estamos integrados no mundo desenvolvido e temos que ter as súas mesmas capacidades empresariais. O noso compromiso é elevar ó 1,5% do PIB en catro anos.

O segundo problema que temos é o baixísimo nivel do investimento en I+D nas empresas, só representa o 27% do gasto total en I+D, fronte ó 55% na totalidade de España e o 64% na Unión europea; algunha autonomía está por riba incluso da Unión Europea (en Cataluña representa o 67%). O goberno socialista da Xunta proponse en catro anos alcanzar a cifra do 55% que, como queda dito, é a media española.

Por todo iso propoñemos as seguintes medidas:

1. Posta en marcha dun programa de investimento en I+D+i que leve o porcentaxe do gasto ata alcanzar o 1,5% do PIB en catro anos.

2. Posta en marcha de axudas ó impulso do gasto das empresas en I+D+i para alcanzar en catro anos o nivel de investimento das empresas de ata o 50% do gasto total.

3. Aumentar os recursos do plano galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica e avaliar anualmente os resultados.

4. Promover a instalación de centros tecnolóxicos nacidos dende as necesidades sectoriais co obxectivo de interrelacionar de maneira eficaz á Universidade, a Administración e a empresa, para o que se terá presente a colaboración e a complementariedade entre os que pertencen a un mesmo sector así como a aplicabilidade.

5. Apoio ó fomento dos vínculos entre os investigadores da nosa universidade e as empresas no desenvolvemento de parques cientí.cos, nas proximidades das universidades, onde se desenvolven proxectos empresariais de alta compoñente tecnolóxica, froito da investigación universitaria. Neles favorecerase a transferencia de tecnoloxía ás empresas.

6. Plano de fomento da calidade, a innovación industrial e empresas de servizos industriais.

• Aposta pola calidade, o deseño e a diferenciación de produtos.
• Aumento do contido tecnolóxico dos produtos e dos procesos produtivos.

7. Programa de orientación para a captación de novas oportunidades empresariais:

• Aposta pola implantación de novas empresas e polo crecemento das existentes con contido tecnolóxico medio e medio-alto, a partir de programas específicos
• Programa de formación de directivos e fomento da empresa de coñecemento
• Programa de promoción da cooperación empresarial


Economía do coñecemento

A nova economía do coñecemento constitúe unha oportunidade única para que Galicia se incorpore ó tren do progreso e da riqueza sostida. A incorporación a un mundo global e tecnoloxicamente avanzado é unha necesidade que non pode demorarse.

Ata agora, os grandes saltos históricos, o progreso tecnolóxico baseáronse na expansión de produtos tanxibles, mentres que o actual está baseado na capacidade de almacenar, ordenar, procesar e transmitir información cada vez máis rápido e co menos custe. O ordenador persoal, a fibra óptica, internet son as armas para facer fronte ós retos da nova economía.

O desenvolvemento imparable da tecnoloxía da información vai introducir modificacións moi importantes no mercado de traballo tamén no sistema educativo, polo que resulta imprescindible poñer en marcha un plano estratéxico para a implantación e desenvolvemento das novas tecnoloxías da sociedade da información e do coñecemento, que nos sitúe en equipamento tecnolóxico, e en capital humano nos niveis medios da Unión Europea.


Internacionalización da economía galega

A internacionalización da economía de Galicia constitúe un dos obxectivos máis importantes para os próximos anos. Os investimentos estranxeiros e de capital nacional, a pesar de ter unha importante presenza en Galicia, estanse a producir nos últimos anos como consecuencia da redución internacional de fluxos de investimento indirecto e á forte competencia de países emerxentes con amplos mercados e custes máis baratos.

As empresas galegas un mercado interno reducido e con tecnoloxía e custes intermedios, ten ante si un importante reto competitivo nos próximos anos, e de cuxa superación dependerá en boa medida o emprego e o crecemento de nivel de benestar da nosa sociedade.

É por isto que os socialistas adquirimos un compromiso co mundo empresarial galego no acompañamento concertado cos seus representantes para a superación con éxito dos desafíos e oportunidades derivadas da globalización, poñendo en marcha as seguintes medidas:

1. Apoio á exportación centrada nos intanxibles, a prestación de servizos de asesoramento de información, o apoio destino, a creación e valoración marca, a loxística de transporte, o aseguramento e formación práctica de especialistas en comercio internacional, etc.

2. Potenciar a presenza de empresas galegas nos concursos e financian organismos multilaterais de desenvolvemento para abrir novas oportunidades de negocio no exterior.

3. Apoiar os investimentos produtivos no estranxeiro para mellorar o aproveitamento de novos mercados, factores de custes ou dispoñibilidade de recursos naturais.

4. Favorecer o dimensionamento adecuado das nosas empresas para mellorar as súas posibilidades de supervivencia no mercado exterior.

5. Poñer en marcha un programa de orientación para a captación de novas oportunidades empresariais promovendo a convención empresarial e a formación especializada de directivos.

Infraestructuras: reducción de custes e aumento da competitividade

Para o adecuado desenvolvemento dunha política industrial comprometido co crecemento sostible, a creación de emprego e de equilibrio territorial resulta absolutamente imprescindible contar cunha planificación adecuada de infraestruturas, tanto as directamente relacionadas coa actividade industrial como as infraestruturas de comunicación de uso público.

Sen dúbida o primeiro elemento é o solo industrial, que necesita en Galicia unha profunda transformación, non xa só para aumentar o número de metros cadrados dispoñibles, senón para optimizar a utilización dos mesmos e mellorando a xestión integrada dos parques empresariais.

Nesta materia os socialista propoñemos as seguintes medidas:

1. Plan de localización industrial:

• Creación dun Mapa industrial, de servizos industriais e de apoio ás industrias, adecuado ás necesidades e á estrutura xeográfica galega, que contribúa á implantación equilibrada no territorio das actividades económicas.

• Oferta de solo industrial ben equipado e de baixo prezo, que dispoña de tódalas dotacións necesarias de accesos, infraestruturas enerxéticas e tecnoloxías da información e comunicación, que permitan ás empresas reducir custes e aumentar a competitividade. (20 millóns de metros cadrados en catro anos).

• Plano de mellora do solo industrial existente completando os accesos e as infraestruturas.

• Creación de áreas empresariais en zonas rurais, permitindo o arraigo da poboación no seu contorno.

• Programa de naves industriais de promoción pública para a súa utilización como viveiros de empresas para emprendedores.

• Programa de infraestruturas enerxéticas e telecomunicacións.

• Poñer en plena actividade os parques tecnolóxicos.

2. Establecer unha normativa especí.ca que regule a planificación de solo industrial, a ordenación dos polígonos industriais, a conservación, urbanización e ampliación dos polígonos, delimitando as competencias e responsabilidades de cada unha das Administracións implicadas.

3. Regular a constitución de órganos de autoxestión nos polígonos industriais, articulando mecanismos de decisión multilaterais que integren a tódalas partes afectadas, tanto públicas como privadas, incluídos os axentes sociais involucrados na xestión do parque, potenciando a súa interrelación en ámbitos territoriais ou funcionais.

4. Establecer mecanismos de control efectivo sobre os sistemas de propiedade e usufruto do solo industrial, ligados ó desempeño efectivo da actividade empresarial nun prazo de tempo determinado, posibilitando a reversión en caso contrario.

5. Garantir a participación activa dos axentes sociais, non só en labores de defensa ou representatividade lexítima dos intereses dos traballadores, senón como actores que faciliten a formación continua dos traballadores, a cooperación entre empresas e traballadores, a difusión e expansión dunha imaxe positiva do entorno, e a organización de actividades integradoras entre empresas, traballadores e xestores do polígono.

Complementariedade e creación de redes

É necesario deseñar estratexias e apoiar con políticas públicas específicas a complementariedade e a creación de redes entre as zonas e as empresas máis dinámicas do país, e co Norte de Portugal, para gañar un mercado forte de bens intermedios, transferencias de tecnoloxía e proxectos conxuntos de presenza no exterior, tanto con produtos como con capital.

Potenciarase a conformación dun espazo económico de proximidade máis amplo mediante tres accións interrelacionadas:

• A complementariedade e a creación de redes internas que artellen os centros industriais e poboacionais de Galicia para favorecer os intercambios intrarrexionais, especialmente entre as empresas do norte e do sur de Galicia.

• A promoción dos .uxos de intercambio económicos, culturais e tecnolóxicos entre Galicia e as rexións veciñas; escasas hoxe en día ben sexa pola falta de adecuadas comunicacións como é o caso con Asturias e en xeral polo desinterese público habido na súa promoción.

• Afondamento na potenciación das complementariedades e sinerxias coa rexión norte de Portugal na procura dun espazo natural máis amplo mutuamente beneficioso nos eidos económico, científico e cultural.

Desenvolvemento da loxística empresarial

A importancia da loxística ven dada na actualidade en que tanto a venda de obxectos físicos como a execución de operacións intanxibles require un fluxo óptimo dende as fontes de aprovisionamento ata o consumidor, sendo por tanto un factor de custe e competitividade moi importante.

A loxística transfórmase nunha prioridade para a nosa rexión que está xeograficamente afastada dos principais mercados e que conta cun peso importante de produtos procedentes da transformación de recursos naturais que teñen un valor engadido limitado.

As empresas de prestación de servizos —operadores loxísticos— veñen cumprir unha importante función neste campo polo que se facilitará a súa incorporación ó proceso operativo en Galicia.

Medidas

1. Potenciar o transporte marítimo e ferroviario interconectando os principais centros de produción co ferrocarril e este á súa vez cos portos galegos de maior tráfico internacional.

2. Concertar unha política de abaratamento de custos portuarios que facilite unha frecuencia do transporte marítimo cos principais portos internacionais, así como desenvolver unha política de atracción de mercadorías doutras rexións para alcanzar a masa crítica necesaria.

3. Crear plataformas loxísticas intermedias no interior de Galicia estratexicamente situadas nos nós de con.uencia de comunicacións paliará a escaseza de solo dispoñible na proximidades dos grandes portos galegos e contribuírá ó desenvolvemento do interior de Galicia, así como á desconxestión dos grandes centros portuarios.

Servizos avanzados para as empresas

A dimensión media das empresas industriais impide que poidan abordar, individualmente, procesos de innovación e aplicación de tecnoloxías avanzadas nos seus procesos de xestión e produción.

É imprescindible o promover a creación de empresas para a prestación de servizos avanzados, priorizando as creadas por emprendedores de alta cualificación.

« Volver
Unha Galicia forte: o impulso do autogoberno
Educación e innovación: O camiño do futuro
A nosa cultura, o noso país
Unha economía para os cidadáns. O emprego como prioridade
Política industrial
Política industrial
Enerxía, competitividade e medio ambiente
Telecomunicacións e Sociedade da Información
O desenvolvemento do medio rural e da agricultura
Pesca responsable
O turismo: eixo estratéxico de desenvolvemento e factor de reequilibrio territorial
Un comercio moderno e competitivo, comprometido co benestar dos consumidores e a cohesión de Galicia
Autónomos
Financiamento autonómico
Territorio e medio ambiente. Bases para o desenvolvemento sostible
Políticas sociais no centro da acción de Goberno
Saúde, cidadanía e dignidade das persoas
Vivenda
O consumo como dereito cidadán
Deportes
O compromiso coa igualdade
Democracia e cidadanía. Calidade democrática: renovación da vida pública en Galicia
Reforzando os gobernos locais
Copyright 2005, PSdeG-PSOE - Optimizado a 800 x 600 píxeles