Contacto Accesible Gallego - Accesible Castellano - Gallego - Castellano
Unha economía para os cidadáns. O emprego como prioridade
Para unha economía máis produtiva unha Comunidade Autónoma máis dinámica
Os socialistas aspiramos a transformar a sociedade galega nunha sociedade con maiores niveis de benestar e unha maior cohesión social. Para conseguilo, dada a situación actual, debemos apostar por un modelo de crecemento equilibrado e duradeiro, que non se limite ó crecemento curtoplacista polo que o PP apostou nos últimos dezaseis años. Cremos e estamos convencidos de que o exercicio da liberdade individual, o crecemento económico e a cohesión social non son obxectivos contraditorios, senón que son metas perfectamente compatibles se reformulamos o «inexistente» modelo económico pasado e actual e o convertemos nun modelo máis competitivo a medio e longo prazo.

Ademais, só se apostamos por un novo modelo de crecemento máis sólido que o actual, a nosa economía poderá facer fronte ós inminentes retos ante os que se atopa:

• A imparable globalización da economía

• A recente ampliación europea e un novo reparto de fondos estruturais

• O desenvolvemento da sociedade do coñecemento.

• O cambio demográ.co e o fenómeno da inmigración

• Un entorno cambiante que requirirá o aumento dos recursos destinados á política social

Para deseñar ese novo modelo, hai que evitar a miopía do PP e asumir que no longo prazo o crecemento de calquera economía componse do crecemento da produtividade máis o crecemento da poboación, unha vez se alcance o pleno emprego e unha taxa de actividade razoable. As condicións demográficas galegas sabemos que non van permitir un crecemento futuro da poboación, a non ser que se recorra a un .uxo de inmigración proporcional ó que tivo lugar na economía española nos últimos anos do goberno do PP, en torno a un millón e medio de inmigrantes en apenas 7 anos.

Por iso, a base do crecemento futuro (e polo tanto do noso benestar e da cohesión social) é o crecemento da produtividade, algo que foi ignorado nos últimos anos, nos que en termos de produtividade estamos no 85% da media nacional. A cidadanía debe saber que, de seguir así as cousas, estamos condenando á economía galega a un crecemento a longo prazo ou tendencial inferior ó 1%. Por iso, o crecemento da produtividade debe converterse nun dos eixes da política económica do futuro.

O crecemento económico require inversión produtiva e esta á súa vez require .nanciamento, un recurso cada vez máis escaso, máxime nunha economía que non innova e cuxa produtividade se estanca. Por iso, o aforro interno, tanto público como privado, debe ser potenciado.

Os baixos tipos de interese e a elevada inflación tanto a nivel nacional como autonómico deterioraron a rendibilidade real do noso aforro. Iso, unido á cultura do culto ó ladrillo e á escasa sensibilización sobre os retos futuros asociados ó envellecemento da nosa poboación fomentaron o desaforro e o endebedamento, sendo neste momento unha das comunidades autónomas máis endebedadas. Con iso, a economía galega, ó igual que a española está utilizando recursos financeiros do futuro, da renda futura, para financiar gasto do presente.

O obxectivo da nosa alternativa económica para a lexislatura é sentar as bases para un crecemento económico equilibrado e sostible, con un horizonte de largo prazo que se traduza en aumentos da produtividade e do aforro. Iso permitiranos, de paso, eludir os riscos actuais da economía galega, altamente endebedada, escasamente produtiva e pouco preparada para facer fronte a unha redución dos fondos europeos para o horizonte 2007-2013. Pero sobre todo, esta aposta permitiranos alcanzar os obxectivos de benestar e cohesión social que os socialistas queremos para os cidadáns da nosa comunidade.


Despois da aprobación das perspectivas financieiras da UE 2007-2013 Galicia, co novo presidente, vai aproveitar mellor, e máis eficientemente e con maior equidade, os cartos que veñen de Bruxelas. Farémolo con transparencia, buscando a cohesión, integración e vertebracion de Galicia, vinculando mellor xestion, máis diñeiro e finalidade social.
« Volver
Unha Galicia forte: o impulso do autogoberno
Educación e innovación: O camiño do futuro
A nosa cultura, o noso país
Unha economía para os cidadáns. O emprego como prioridade
Para unha economía máis produtiva unha Comunidade Autónoma máis dinámica
Gasto público produtivo
Mellora do capital humano
Infraestructuras: mobilidade e produtividade
Sociedade da infomación en novas tecnoloxías
Diálogo social para un emprego estable e produtivo
Un pacto institucional polo emprego e a competitividade
Medidas de goberno
Unha aposta polas Pemes e pola cultura emprendedora
Política industrial
Enerxía, competitividade e medio ambiente
Telecomunicacións e Sociedade da Información
O desenvolvemento do medio rural e da agricultura
Pesca responsable
O turismo: eixo estratéxico de desenvolvemento e factor de reequilibrio territorial
Un comercio moderno e competitivo, comprometido co benestar dos consumidores e a cohesión de Galicia
Autónomos
Financiamento autonómico
Territorio e medio ambiente. Bases para o desenvolvemento sostible
Políticas sociais no centro da acción de Goberno
Saúde, cidadanía e dignidade das persoas
Vivenda
O consumo como dereito cidadán
Deportes
O compromiso coa igualdade
Democracia e cidadanía. Calidade democrática: renovación da vida pública en Galicia
Reforzando os gobernos locais
Copyright 2005, PSdeG-PSOE - Optimizado a 800 x 600 píxeles