Contacto Accesible Gallego - Accesible Castellano - Gallego - Castellano
Educación e innovación: O camiño do futuro
A educación e a innovación piares fundamentais


Galicia atópase nun momento de cambios fundamentais. A sociedade está cambiando profundamente, tanto no económico como en aspectos máis íntimos do individuo, a relación entre as persoas, a súa forma de adquirir coñecementos e a calidade de vida. Esta revolución tecnolóxica trae da man unha revolución cultural, que fai da información e do coñecemento o verdadeiro motor do cambio social.

A sociedade do coñecemento non é en si mesma unha garantía de benestar, nin tan siquera de igualdade de oportunidades. Sen embargo, se se toman as decisións estratéxicas adecuadas, representa para Galicia unha nova oportunidade para tomar o tren do progreso. Por iso debemos apostar decididamente pola Educación e a Innovación coa convicción de que temos capacidade individual e como pobo, para facer fronte aos retos desa nova sociedade e gañar o futuro.

É necesario abordar solucións para superar os problemas da Educación a tódolos niveis, superando certos desánimos da comunidade educativa pola insuficiencia de recursos e proxectos destes últimos anos e recobrando a ilusión e a valoración dos nosos centros educativos.

Galicia non se debe resignar, senón que pola contra debe reaccionar reclamando espazo para as súas ideas, as súas innovacións, creacións, pensamentos, productos e mercancías. Para que isto sexa posible é necesario convencer e mobilizar a toda a sociedade galega a dar un avance considerable en investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) que nos permita competir en mellores condicións nesta nova sociedade. É necesario dotar ás Universidades de recursos su.cientes para que poidan contribuír eficazmente ó progreso de Galicia, así mesmo é necesario acadar unha implantación real en tódolos eidos e territorios das tecnoloxías da información.

Galicia ten dereito a soñar que as súas contribucións ó acerbo cultural, científico e técnico no século XXI sexan superiores ás que foron no pasado século. A realidade deste soño sería a garantía do maior benestar socioeconómico dos galegos.

« Volver
Unha Galicia forte: o impulso do autogoberno
Educación e innovación: O camiño do futuro
A educación e a innovación piares fundamentais
O reto da educación
Compromiso co principio de igualdade
O ensino que queremos
As necesidades educativas especiais
Unhas universidades que lideren a Sociedade do Coñecemento
O desafío da investigación e a innovación
A Sociedade da Información, unha oportunidade para Galicia
A nosa cultura, o noso país
Unha economía para os cidadáns. O emprego como prioridade
Política industrial
Enerxía, competitividade e medio ambiente
Telecomunicacións e Sociedade da Información
O desenvolvemento do medio rural e da agricultura
Pesca responsable
O turismo: eixo estratéxico de desenvolvemento e factor de reequilibrio territorial
Un comercio moderno e competitivo, comprometido co benestar dos consumidores e a cohesión de Galicia
Autónomos
Financiamento autonómico
Territorio e medio ambiente. Bases para o desenvolvemento sostible
Políticas sociais no centro da acción de Goberno
Saúde, cidadanía e dignidade das persoas
Vivenda
O consumo como dereito cidadán
Deportes
O compromiso coa igualdade
Democracia e cidadanía. Calidade democrática: renovación da vida pública en Galicia
Reforzando os gobernos locais
Copyright 2005, PSdeG-PSOE - Optimizado a 800 x 600 píxeles