| Unha Galicia forte: o impulso do autogoberno |
|
| Galicia en Europa: a ambición dunha Galicia dinámica, aberta e avanzada |
|
Galicia debe estar na vangarda da construción europea. O cambio político consiste en manifestar e superar este desafío histórico. Para iso será necesario sacudir o esgotamento e a inercia conservadora. Propoñemos impulsar un proceso de reformas profundas durante os vindeiros anos que permitan cerrar a fenda da converxencia e situar as opcións vitais das galegas e dos galegos en primeira liña europea.
Europa comezou no camiño de Santiago. O noso europeísmo asume, actualiza e renova esta vocación milenaria. Mobilizaremos todos os recursos do noso pobo, recuperando a memoria e despregando a imaxinación, para que Galicia aproveite plenamente as oportunidades e se beneficie de todas as vantaxes de pertencer á Unión Europea.
Os socialistas somos a forza política máis crible e capaz para acometer esta tarefa. Sempre concibimos a identidade galega coma unha identidade aberta e a dimensión europea coma unha parte esencial dela, somos conscientes de que o reto da globalización asocia o futuro de Galicia ao éxito do proxecto comunitario, cremos que os galegos comparten o reto de facer sostible o modelo social europeo e que están dispostos a colaborar cos demais europeos a favor dunha orde internacional máis xusta baseada na paz, na democracia e na cooperación para un desenvolvemento humano máis xusto e equilibrado.
A Unión Europea multiplica e amplia a nosa experiencia democrática, abre novas posibilidades para os nosos cidadáns. Dá máis profundamento e alcance ao autogoberno de Galicia, enriquéceo de xeito que é na Unión Europea onde consegue o seu máximo desenvolvemento e pode contribuír ao progreso global.
Para acadar esta meta os socialistas ofrecemos un liderato capaz de impulsar un cambio político que responda a catro grandes e novas orientacións:
1. Participar activamente na gobernanza europea
2. Comprometerse .rmemente coa estratexia de Lisboa
3. Incrementar a participación dos galegos en proxectos europeos
4. Beneficiarse da Unión Europea para a proxección exterior de Galicia
Participar activamente na gobernanza europea
O Estatuto de autonomía cumprirá 25 anos ao comezo da nova lexislatura. O tempo transcorrido aporta perspectiva para realizar unha re.exión do camiño percorrido, incorporar a experiencia aprendida e planear os axustes necesarios para mellorar a nosa democracia.
Nesta etapa tense producido importantes cambios ao noso arredor, o máis relevante sobre o noso autogoberno é a incorporación en 1986 ao proxecto europeo e a aceleración do proceso de integración a partires daquela. Os socialistas tivemos unha participación moi activa na entrada en Europa e en acadar os principais .tos —o mercado interior inseparable da política de cohesión, a moeda única e a redacción dun tratado constitucional—, que dende entón marcaban este proceso. O seu impacto político é tan grande que se calificou de auténtica mutación constitucional posto que, aínda manténdose ata agora o texto das normas que integran o bloque constitucional, o cambio de contexto sobrevido altera as súas previsións. Chegou o momento de que as nosas normas fundamentais contemplen a nova situación. A vontade dos nosos cidadáns, foi expresada favorablemente á aprobación do referéndum sobre o Tratado da Unión Europea, debe de ter consecuencias que o Estatuto de autonomía non pode ignorar.
A integración europea non só engade un novo nivel á nosa vida institucional senón que crea un espazo común de interaccións, máis intenso e aberto, e insírenos nun ámbito de gobernanza, máis plural e complexo. O sistema de gobernanza europeo parte do principio de que a busca de solucións e a provisión dos bens necesarios nunha sociedade avanzada é responsabilidade de todos os actores sociais. De aí que o proceso de elaboración e aplicación de políticas debe asociar ao maior número de institucións e interlocutores sociais.
É necesario facer da política unha auténtica obra colectiva. O correcto entronque de Galicia neste novo sistema esixe un profundo cambio de timón, debemos saír da estreiteza dun personalismo trasnoitado e abrir a perspectiva democrática con iniciativas que enriquezan a democracia representativa e promovan a participativa xerando un auténtico espazo de democracia deliberante. Este impulso democrático, consistente en dar máis poder efectivo aos cidadáns e ás súas iniciativas, deberá traducirse nunha esixencia de transparencia que permitirá xulgar e comprobar se se responde axeitadamente ás necesidades e aos intereses sociais.
Obxectivos
• A reforma do Estatuto, coma a reforma da Constitución, debe deixar constancia da nosa pertenenza á Unión Europea e establecer un marco de gobernanza democrático e avanzado.
• O autogoberno de Galicia inspirarase nos cinco principios da boa gobernanza: apertura, participación, responsabilidade, eficacia e coherencia.
• Fortalecer a nosa democracia de proximidade, aportar visibilidade e participación na vida política, promover unha acción política honesta e de calidade.
• Converter Galicia nun auténtico actor da democracia estatal e europea.
Medidas
1. Aproveitar a reforma estatutaria para incorporar a dimensión europea do noso autogoberno.
2. Recoñecer o dereito dos cidadáns á súa autodeterminación informativa que incluirá o acceso a toda información relevante para o exercicio dos seus dereitos no ámbito de competencias autonómico.
3. Ofrecer información aos cidadáns en todas as etapas dos procesos políticos, dende o deseño á aplicación, xeralizando o desenvolvemento da información en liña e implantando metodoloxías (programas, libros verdes, libros brancos, comunicacións, informes, publicacións, etc), que posibiliten o seguimento e o control da acción institucional por parte do público en tempo real.
4. Aprobar unha Lei de consulta que establecerá un marco sistemático de diálogo cos interlocutores sociais, así como coas organizacións da sociedade civil que se iniciará nunha fase precoz da elaboración das políticas e continuará durante o seu desenvolvemento.
5. Incrementar a participación dos cidadáns na implementación das políticas autonómicas atendendo aos seus diferentes roles da vida social: coma pais na educacións dos seus fillos, coma propietarios no desenvolvemento das operacións de concentración parcelaria ou nos procesos de urbanización, etc.
6. Definir directrices para o desenvolvemento de campañas de información institucional que apliquen criterios obxectivos e impidan a súa manipulación política.
7. Mellorar a calidade da acción pública mediante métodos preestablecidos que comproben que responden a obxectivos a longo prazo e se son os máis apropiados para conseguilos ponderando, de acordo co principio de subsidiariedade, a súa pertinencia e proporcionalidade. Optarase por aquelas solucións que impliquen o menor nivel de intervención e coactividade sobre a vida dos cidadáns para cumprir eficazmente os seus obxectivos.
8. Aprobar un protocolo de directrices sobre a solicitude de informes técnicos que permitan coñecer a súa procedencia, utilización e condicións así coma a posibilidade de fontes alternativas.
9. Realizar avaliacións de impacto das regulacións (seguindo o modelo inglés), cando sexa posible unha cuantificación para que, con carácter previo se midan os seus custos e beneficios.
10. Simplificar a normativa sectorial existente (segundo o modelo italiano), e codificala (segundo o modelo francés), facéndoa máis accesible e manexable.
11. Remitir ao Parlamento de Galicia un Código Ético no desempeño das funcións públicas que contemplará e desenvolverá as esixencias dos sete principios do Informe Nolan (desinterese, integridade, obxectividade, responsabilidade, transparencia, honestidade e liderato), e contemplará, seguindo o modelo norteamericano, unha Oficina de Gobernanza Ética dependente da Presidencia da Xunta e outra de Consultas Especializadas para protexer aos funcionarios públicos que denuncien presuntos supostos de fraude e corrupción.
12. Establecer unha autoridade que supervise e estea en condicións de facer respectar os criterios de calidade comprometidos cos cidadáns no exercicio das competencias da Comunidade Autónoma, calquera que fose a Administración responsable. De.nir previamente aqueles aspectos sobre os que se debe centrar a actuación de investigación co obxecto de evitar que se focalicen en cuestións de escasa entidade e non en casos relevantes.
13. Implantar un sistema para avaliar o grao de satisfacción cidadana nas súas relacións coa Administración remitindo os seus resultados anualmente ao Parlamento de Galicia.
14. Reforzar o papel do Parlamento de Galicia coma institución central e auténtico foro de debate sobre o papel de Galicia en España e en Europa para o que adoptaremos as seguintes iniciativas:
• A Xunta de Galicia informará regularmente ao Parlamento de Galicia sobre a súa acción nestes ámbitos, en particular no Comité de Rexións e nas Conferencias Intergubernamentais.
• Promoveremos a participación do Parlamento de Galicia no sistema de alerta temperá sobre as iniciativas lexislativas da Comisión para asegurar a aplicación do principio de subsidiariedade no ámbito das competencias autonómicas.
• Contemplaremos a participación con voz e sen voto dos senadores e dos eurodeputados galegos en comisións que traten asuntos relacionados coa súa función e a posibilidade de que formulen preguntas á Xunta de Galicia co fin de coñecer a súa posición sobre as cuestións que deben tratar.
• Impulsaremos fórmulas para a participación dos parlamentos autonómicos no desenvolvemento do Protocolo sobre a función dos parlamentos nacionais nas cuestións de competencia autonómica.
15. Fortalecer a participación autonómica nos ámbitos institucionais e interinstitucionais da política estatal e europea. Polo que promoveremos:
• A definición constitucional das bases de participación das comunidades autónomas na política do Estado.
• A conversión do Senado en Cámara das Autonomías para situalo como institución central de participación autonómica na política estatal e para articular a súa presenza no seo da representación do Estado diante da Unión Europea.
• A contemplación da Conferencia de Presidentes e as Conferencias Intergubernamentais, entre o Estado e as Comunidades Autónomas, no seo da reforma constitucional.
16. Establecer un marco de compromiso co Goberno do Estado que posibilite a titoría das comunidades autónomas, no ámbito das súas competencias, diante do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e as diversas xurisdiccións internacionais.
17. Apoiar a iniciativa do actual Goberno do Estado de admitir a participación das comunidades autónomas na representación do Estado diante do Consello Europeo e actuar lealmente dentro dela, así coma no seo dos grupos de traballo da Comisión.
18. Establecer unha auténtica Delegación da Comunidade Autónoma en Bruxelas, o seu titular debe dispoñer de asistencia cuali.cada e dos medios necesarios para facer valer os intereses de Galicia diante da representación permanente española, os comités e responsables da Comisión, os grupos de traballo e o Consello así como os diversos interlocutores.
19. Executar todo o dereito comunitario que proceda de acordo coas competencias estatutarias.
20. Promover o uso da lingua galega no ámbito estatal e europeo.
Comprometerse firmemente coa estratexia de Lisboa
Os galegos —coma o resto dos europeos—, queren traballar e crear empresas, dispoñer de financiamento alcanzable, mercados abertos e boas infraestruturas. Queren conciliar a súa vida familiar e profesional, estar ao día nas novas tecnoloxías e ter acceso a Internet. Queren vivir unha boa educación para os seus fillos e conseguir formación durante a súa vida, bos servizos públicos e de interese xeral, pensións decentes e un medio ambiente san.
A estratexia de Lisboa formulouse no ano 2000, para facer o posible e situar a Europa coma a economía do coñecemento máis dinámica e avanzada do mundo. A evolución deste proceso dende entón foi decepcionante e a Xunta conservadora en ningún momento lle prestou atención pese ao seu grande interese para a nosa comunidade. Na actualidade existe un espírito de reactivación na Unión que debemos aproveitar. No cumio da primavera celebrada este ano en Bruxelas, o Consello Europeo considerou necesario relanzar a estratexia coma unha asociación polo crecemento e o emprego aberta a todos os interlocutores e actores, que deben facela súa e comprometerse decididamente na consecución dos seus obxectivos. O éxito da estratexia de Lisboa esixe mobilizar todas as enerxías europeas arredor desta grande ambición.
Galicia non pode seguir de costas, debe sumarse abertamente a esta estratexia e facela propia, necesítao con máis intensidade que a media comunitaria.
Para ilustrar a nosa situación debemos ter en conta que dende o ano 1986 Galicia foi bene.ciaria dun importante volume de fondos comunitarios (entre 2000 e 2006 situaranse arredor dos 6.000 millóns de euros, aproximadamente un 3% do seu PIB), e a pesares diso:
A finales de 2004 as taxas de actividade (54,24), e de ocupación (46,84), eran inferiores ás de 1986 (54,99 e 47,59, respectivamente). Durante este período a taxa de creación de emprego é 10 veces inferior en Galicia ca no conxunto do Estado (en España os empregos aumentaron un 60% dende 11.056.3000 a 17.240.400 en Galicia .xóo un pobre 6% de 1.042.125 e 1.120.300).
O cumprimento da estratexia de Lisboa, acada un 70% da poboación empregada, engadiría case un corenta por cento máis de postos de traballo a Galicia.
O investimento en I+D+i en Galicia é o 0,7do PIB (en España o 0,9), debe elevarse substancialmente para acadar o obxectivo de Lisboa do 3% para o ano 2010. O cumprimento da estratexia de Lisboa esixirá multiplicar máis de catro veces este capítulo.
O nivel de instrución da poboación de Galicia é inferior á media española e comunitaria. Existe un 62,5% de galegos cun nivel baixo (58,3% de media española, 35,4% UE-15 e 32,6% UE-25), un 15%,9 cun nivel de instrución media (17,3% de media española, 42,9 UE-15 e 46,7%UE-25) e un 21,6% de instrución elevada (24,4% de media española, 21,8% UE-15 e 20,6% UE-25).
A estrutura da poboación de Galicia denota un maior grao de envellecemento. Un 12,3% é menor de 15 anos (14,9% en España, 16,8 en la UE-15 e 17,1% UE-25), un 68% está entre 15 e 64 (68,4% en España, 66,9% na UE-15 e 67,2 UE-25 e un 19,7% é maior de 65 anos (16,8% en España, 16,3% UE-15 e 15,7% UE-25.
A estratexia de Lisboa é o vieiro para acadar altos niveis de produtividade que fagan posible incrementar a competitividade, a equidade do noso sistema produtivo e a sostibilidade da nosa calidade de vida: mellores empresas, mellores condicións para os traballadores, máis recursos para o benestar e maior protección ambiental. Os socialdemócratas amosamos que é unha política posible como o evidencian os países nórdicos que .xeron da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico a fonte dun elevado nivel de benestar social e calidade ambiental; trátase dunha política antagónica á derrotista que promove a dereita.
Galicia necesita un cambio na orientación de goberno que impulse unha participación activa nesta estratexia. Os socialistas estamos dispostos a proporcionarlle o liderato reformista que precisa para asociarse estreitamente ao relanzamento da estratexia de Lisboa e converterse nun país forte, dinámico e avanzado.
Obxectivos
Os eixos esenciais da reactivación da estratexia de Lisboa consisten en:
• Facer do coñecemento e a innovación os motores dun desenvolvemento sostible.
• Facer de Galicia un entorno atractivo para investir e traballar.
• Poñer o crecemento e o emprego ao servizo da cohesión social.
Medidas
1. Elaborar o «Primeiro Programa Galego de Reformas para dar pulo á estratexia de Lisboa», que terá unha duración trienal ata o ano 2008 así coma o seguinte que corresponde á lexislatura. O programa detallará todas as medidas que se poñerán en marcha para promover o proceso de crecemento e creación de emprego e será presentado pola nova Xunta de Galicia ao Parlamento, aos interlocutores sociais e ás organizacións máis relevantes da sociedade civil para conseguir a maior cantidade de aportacións e contribucións.
2. Nomear un coordinador horizontal que dependerá directamente da Presidencia da Xunta de Galicia para o seguimento e a coordinación interna das accións da Comunidade Autónoma en desenvolvemento da estratexia de Lisboa.
3. Definir as políticas sectoriais da Xunta de Galicia de acordo coa estratexia de Lisboa, co .n de que contribúan coherentemente a renovar as bases da competitividade galega, aumentar o seu potencial de crecemento e a súa produtividade e reforzar a súa cohesión social apostando, sobre todo, polo coñecemento, a innovación e a valoración do capital humano.
4. O Goberno galego presentará anualmente un informe ao Parlamento de Galicia sobre o cumprimento do Programa, establecerá vías de diálogo e concertación cos interlocutores sociais e promoverá os axustes necesarios para mellorar a contribución do plan ao crecemento e a creación de emprego.
5. Impulsar un grande acordo tripartito que enmarque a cooperación entre o Estado e as comunidades autónomas e as entidades locais para o desenvolvemento dos programas correspondentes á política de cohesión comunitaria que deben contribuír á realización dos obxectivos de Lisboa mediante o impulso da converxencia, a competitividade e a cooperación territorial.
6. Apoiar un acordo durante o presente ano nas perspectivas financeiras (2007-2013), polo que Galicia poida seguir calificada coma beneficiaria dos fondos estruturais correspondentes ao Obxectivo 1, que España reciba un trato equitativo que teña en conta o impacto sobre o fondo de cohesión do efecto estatístico da ampliación e que a Unión Europea manteña o esforzo orzamentario na política de cohesión.
Incrementar a participación de galegos en proxectos europeos
A sociedade galega debe incrementar substancialmente a súa presenza e participación en proxectos europeos, só así poderá acceder realmente a todas as vantaxes e beneficios derivados da Unión Europea. Este propósito axustase plenamente á nosa concepción do proxecto europeo coma un proxecto cidadán, inclusivo e baseado na cohesión, que embebe a vida enteira de Galicia.
Existe aínda unha importante distancia entre o proxecto europeo e a vida cotiá da nosa xente, Europa é aínda unha realidade que unha boa parte do noso pobo considera na lonxanía e distante das súas vidas. A incorporación de Galicia na Unión Europea fíxose pensando en que os nosos cidadáns e organizacións poidan disfrutar realmente de novas oportunidades, ferramentas e horizontes para desenvolver proxectos.
Aínda é moi débil a participación de galegos en proxectos europeos. É necesario inverter a situación, para iso será preciso adoptar iniciativas para apropiarse das vantaxes e oportunidades comúns. Os socialistas queremos que os galegos sintan que Europa é máis ca un escenario político, no seu propio contorno, unha realidade útil, próxima e dinamizadora da súa vida decotio.
Obxectivos
• Europa necesita capilaridade para estar unida, para que a súa enerxía e capacidade estea presente en todos os ámbitos da Unión. Os socialistas queremos que os galegos se apropien da Unión Europea e para iso consideramos prioritarios os seguintes obxectivos:
• Os mozos europeos deben participar en experiencias europeas, é fundamental que todos os galegos teñan na súa xuventude unha vivencia trasnacional.
• As pequenas e medianas empresas, que xogan un papel fundamental no crecemento económico e no emprego, deben abrirse ás oportunidades dun mercado interior en ampliación e ás posibilidades que brindan as relacións da Unión Europea no ámbito internacional.
• Os concellos de Galicia deben asumir un papel primordial como axentes dinamizadores e animadores da interrelación entre os galegos e o resto dos europeos.
Medidas
1. A Fundación Galicia Europa debe converterse nun axente multiplicador e difusor de información estruturada, organizador de redes de comunicación, promotor de redes de cooperación e catalizador de iniciativas. A tal fin presentará un Plan Estratéxico de carácter cuatrienal.
2. A nova Xunta de Galicia asumirá o desenvolvemento do Pacto Europeo da Xuventude e do Programa de Mozos en Acción, actualmente en fase de elaboración comunitario, e anualmente enviará un informe ao Parlamento Galicia sobre os obxectivos acadados.
3. Coa consulta e a participación das organizacións e institucións xuvenís, a nova Xunta de Galicia aprobará un Pacto Galego da Xuventude co fin de mellorar a educación, a formación, a mobilidade, a inserción profesional e a inclusión social dos nosos mozos facilitando, ao mesmo tempo, a conciliación da súa vida familiar e profesional.
4. Consello da Xuventude de Galicia converterase en foro para a dinamización da nova política que enlace a xuventude galega, as súas organizacións e responsables públicos en Galicia coas iniciativas e programas comunitarios (Euroescola, Sócrates-Erasmus, Lingua, Grundtving, Comenius, Minerva-, E-Learning, Jean Monnet, SVE, Tempus, etc).
5. Crear unha plataforma integrada de comunicación que condense todo tipo de información e sexa de fácil acceso e manexo para os mozos.
6. Alentar a creación nos medios de comunicación de espazos destinados a impulsar o coñecemento de Europa e a participación xuvenil en programas europeos.
7. Establecer programas o.ciais de intercambios estudiantís durante a educación obrigatoria.
8. Duplicar como mínimo as iniciativas para a mobilidade de investigadores e postgraduados en cooperación coas caixas de aforro e fundacións.
9. Multiplicar a realización de programas de contactos, comunicacións e intercambios a través de centros escolares e concellos.
10. Apoiar decididamente a participación de galegos en accións de voluntariado internacional e captar a presenza de voluntarios internacionais para que convivan e realicen tarefas na nosa Comunidade Autónoma.
11. Fomentar iniciativas conxuntas con mozos doutros países galegos en institucións e organizacións internacionais .
12. Crear o Consello de Pemes de Galicia como foro para a súa promoción integral e establecer unha Plataforma Integrada de Comunicación para as Pemes.
13. Crear redes de apoio para facilitar a presenza de pequenas e medianas empresas con ofertas de calidade en feiras e exposicións internacionais así coma a súa introdución en novos mercados emerxentes.
14. Impulsar a acción exterior e.caz das institucións e organizacións de Galicia, en particular das Cámaras de Comercio.
15. Desenvolvemento de redes de investidores privados que promovan iniciativas empresariais innovadoras.
16. Participación da Fegamp, no proceso de consultas previo á adopción de decisións políticas relativo a programas comunitarios de carácter local e recoñecemento do seu papel na execución dos programas comunitarios destinados ás entidades locais.
17. Incrementar a participación directa dos concellos na política de cooperación territorial e, moi especialmente, en programas de iniciativa comunitaria particularmente aptos para enfrontar os seus problemas específicos como Urban (rehabilitación de zonas urbanas en crise), Leader (desenvolvemento sostible nos territorios rurais) e Equal (loita contra as desigualdades e discriminacións no mercado de traballo).
18. Cooperar con programas municipais de intercambios a todos os niveis: culturais, educativos, deportivos, etc. En particular, a realización de actividades e de programas conxuntos entre diversos concellos.
19. Establecer programas que posibiliten o intercambio temporal de funcionarios e de traballadores entre as institucións locais (xunto á autonómica), convenios para o intercambio na prestación de servizos entre empresas e programas para que os galegos e as galegas poidan realizar prácticas en institucións públicas do exterior e para que as administracións de competencia autonómica reciban en reciprocidade a traballadores en prácticas.
20. Cooperar estreitamente co Eixo Atlántico constituído polas principias cidades de Galicia e do Norte de Portugal coma marco axeitado para compartir experiencias, experimentar programas piloto e adoptar accións conxuntas.
Beneficiarse da Unión Europea para a acción exterior de Galicia
O global e local confúndense crecentemente, é imposible diferenciar o ámbito interior do exterior máis alá do puramente territorial. Compartimos un planeta e un destino común, vivimos no seo dunha aldea global aínda que as súas diferenzas son tan grandes que adoita dicirse que habitamos diferentes mundos.
Formamos unha comunidade plural que debe asentar a súa convivencia sobre valores universais e o respecto aos dereitos humanos. Galicia pertence á Unión Europea, debe tomar conciencia desta importante posición e facela valer en toda a súa proxección exterior. A Unión Europea é o noso principal activo a escala global e unha gran panca para o impulso da acción exterior de Galicia en tres grandes ámbitos: o comercio, a emigración e a cooperación.
É necesario un enfoque estratéxico e estruturado que supere o personalismo que caracterizou a acción exterior da etapa precedente e conduciu a unha acción exterior pouco participativa e escasamente consolidada. Necesitamos definir os marcos da nosa acción exterior e abrila a todos, facendo unha política coherente.
Obxectivos
Galicia pode contribuír a facer realidade un mundo mellor porque quere:
• Participar dende a súa propia realidade no sistema de gobernanza global a favor da paz, a democracia e o desenvolvemento sostible.
• Aportar o seu esforzo para contribuír aos obxectivos do Milenio das Nacións Unidas e erradicar as lacras da pobreza, a enfermidade e o analfabetismo.
• Defender unha economía aberta e competitiva que impulse os intercambios comerciais e os .uxos .nanceiros internacionais a través de regras multilaterais que garantan un comercio libre e xusto.
• Cooperar e axudar aos países en desenvolvemento.
• Proxectar a súa imaxe, afrontar os desafíos da globalización e asumir as responsabilidades que lle corresponden diante das xeracións actuais e futuras.
Medidas
1. Impulsar programas de iniciativa comunitaria como INTERREG (cooperación transfronteiriza, transnacional e interrexional), e iniciativas innovadoras de carácter experimental.
2. Fortalecer e estreitar as relacións co Norte de Portugal, deseñando obxectivos comúns e traballando a favor dunha institucionalización da nosa eurorrexión no ámbito comunitario.
3. Reforzar as nosas relacións co mundo celta e coas rexións que compoñen o Arco Atlántico; establecer vencellos con aquelas rexións que comparten problemas ou situacións comúns e, en xeral, con todas as que desenvolven experiencias pioneiras e innovadoras que poidan resultar útiles para a nosa Comunidade Autónoma.
4. Defender o establecemento de canles para que a Xunta de Galicia poida contribuír e.cazmente na política exterior do Estado. Neste senso valoramos moi positivamente a iniciativa do actual Goberno do Estado, de convidar a responsables autonómicos nas relacións bilaterais de España con Portugal. Consideramos que esta presenza debería tamén producirse nos contactos regulares de carácter bilateral con institucións doutros estados que contemplen na súa axenda cuestións que afecten especialmente aos intereses de Galicia.
5. Defender que, de acordo co principio de lealdade institucional, a Comunidade Autónoma debe ser preceptivamente informada e consultada polo Goberno do Estado no proceso de elaboración de tratados e convenios internacionais que afecten as súas competencias e aos seus intereses específicos, así como da súa execución sen perxuízo de que adopte as medidas necesarias cando corresponda. Do mesmo xeito, a Xunta de Galicia dirixirase ao Goberno do Estado instando a negociación de tratados ou convenios internacionais en materias de interese coa Comunidade Autónoma, en especial naqueles que sexan orixe ou destino de emigración, culturalmente próximos, con relacións económicas importantes ou cos que existan programas de cooperación ao desenvolvemento.
6. Concertar co Estado a apertura de delegacións ou representacións da Comunidade Autónoma, e encadrar a súa actuación na acción exterior estatal naquelas sedes de organizacións internacionais que incidan significativamente no ámbito das competencias autonómicas.
7. Acadar un acordo marco de colaboración entre o Instituto Rosalía de Castro e o Instituto Cervantes co obxecto de potenciar a nosa lingua no exterior e afortalar a presenza cultural da España plural.
Comercio exterior
1. Apoiar os intereses e a actuación das empresas galegas no exterior, tanto para abrir mercados e fortalecer a súa presenza coma para incrementar a súa competitividade e promover empresas conxuntas.
2. Prestar particular atención a Iberoamérica seguindo atentamente a negociación do acordo de asociación que se está negociando na actualidade con MERCOSUR (que deberá aportar vantaxes arancelarias, seguridade xurídica, preditibilidade nos investimentos e harmonización de normas), e interesándose polas relacións económicas da UE cos países de Centroamérica, coa Comunidade Andina e con Cuba.
3. Axudar a posicionar as nosas empresas en mercados emerxentes e aproveitar as vantaxes que o Sistema de Preferencias Xeralizadas pode ofrecer para o incremento das relacións comerciais entre Galicia e os países en desenvolvemento.
4. Impulsar a obtención e o desenvolvemento de acordos comerciais e de asociación da UE con outras rexións económicas e países do mundo.
5. A Xunta de Galicia interesarase polos acordos sobre regularización e liberalización de mercados internacionais, que se negociarán en Hong Kong o vindeiro més de decembro, no marco da OMC, avaliando o seu alcance e contribuíndo á expansión económica de Galicia no exterior, sobre todo, con países que se encontran en vías de desenvolvemento e valorando as súas repercusións sobre a nosa estrutura produtiva co fin de deseñar políticas que minimicen os seus impactos e maximicen as súas vantaxes.
Emigración
1. Informar aos galegos e ás galegas que viven no exterior da acción da Unión Europea nos seus países de residencia e dos dereitos que ostentan coma cidadáns da Unión Europea.
2. Estreitar as relacións coa poboación galega no exterior co fin de favorecer a súa situación e establecer novos lazos cos seus descendentes, en particular, mediante programas nas universidades galegas e a promoción de actividades empresariais.
3. Apoiar decididamente a aprobación dun Estatuto do Emigrante e a figura dun embaixador especial da emigración por primeira vez na historia de España.
4. Cooperar activamente na acción exterior do Estado no campo da emigración.
5. Promover políticas para deter e inverter a perda de poboación, e realizar unha reflexión responsable sobre a emigración no marco da política comunitaria e estatal. A tal fin abriremos un debate arredor das tendencias demográfcas, os distintos escenarios que se formulan á Comunidade Autónoma e as políticas a seguir que deberá culminar coa presentación dun Libro Branco sobre a cuestión no Parlamento de Galicia.
Cooperación
1. Incrementar a dotación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para acadar o compromiso da Unión Europea dunha axuda ao desenvolvemento dun 0,56% do PIB para ó 2010 e un 0,7% para ó 2015.
2. Realizar un grande esforzo de concienciación, mobilizando activamente aos sectores máis comprometidos da nosa sociedade. É necesario crear unha conciencia pública comprometida co desenvolvemento mediante campañas de información e educación así coma involucrar aos medios de comunicación e, en xeral, a todos os operadores económicos e a sociedade civil.
3. Cambiar o enfoque e dotar de e.cacia á axuda ao desenvolvemento. Ademais dun incremento cuantitativo é necesario maximizar o efecto da axuda sobre as poboacións directamente afectadas, avaliar a xestión, harmonización e control dos recursos. Trátase de dar máis poder efectivo aos seus bene.ciarios sobre o seu propio futuro.
4. Aplicar as conclusións adoptadas o pasado día 2 de marzo en París polo Foro de Alto Nivel sobre a E.cacia da Axuda ao Desenvolvemento da OCDE para o que a Xunta de Galicia remita ao Parlamento un Plan Director cuatrienal baseado nos seguintes parámetros:
• Reforzar as estratexias de desenvolvemento nacional dos países en desenvolvemento e os seus marcos operativos (plani.cación, elaboración do orzamento e avaliación).
• Potenciar as capacidades dos países en desenvolvemento, poñendo a axuda en consonancia coas prioridades, sistemas e procedementos que eles mesmos de.nan.
• Intensificar a mutua responsabilidade e transparencia de donantes e receptores de axuda cara aos seus cidadáns e parlamentos, en canto a políticas, estratéxias e resultados.
• Racionalizar e coordinar as actividades dos donantes a escala rexional, nacional e sectorial para aumentar a e.cacia e evitar a duplicación de esforzos.
• Equilibrar a internacionalización de Galicia que permitirá que as nosas empresas se constitúan nun factor de mellora das condicións dos países nos que realizan actividades cunha concentración da actuación das institucións públicas nas zonas máis desatendidas e esquecidas, alí onde existen as maiores necesidades e, moi especialmente, nos países máis débiles, catalogados polas Nacións Unidas coma os máis pobres do mundo.
En definitiva, queremos unha nova Galicia, innovadora e solidaria, que proxecte sobre o mundo unha imaxe dinámica e vital. Para iso é necesario un cambio político cun presidente coa vista posta no século XXI que lidere a construción de Galicia coma unha tarefa colectiva, consciente do papel decisivo da dimensión europea no futuro do autogoberno. Porque mediante a Unión Europea podemos facer posible que os galegos se convirtan en cidadáns do mundo e que a nosa comunidade poida proxectar a súa identidade por todos os lugares da terra. Só os socialistas seremos capaces de acadar unha Galicia dinámica, moderna e con dimensión europea.
|
|
| « Volver |
|
|
|
|
|