Contacto Accesible Gallego - Accesible Castellano - Gallego - Castellano
O compromiso coa igualdade
Unha realidade de igualdade de xénero real e cotiá
Afrontando unha nova etapa en Galicia, cómpre tomar toda unha serie de medidas tendentes a producir o que empeza a ser o cambio social máis profundo do noso tempo actual: a equiparación real entre homes e mulleres e a eliminación de todo atisbo de desigualdade.

Homes e mulleres, mulleres e homes temos recoñecidos os mesmos dereitos. Pasouse, en poucos anos, dunha subordinación e discriminación legal a alcanzar cotas de cidadanía plena. A pesar destes avances e dos impulsos que teñen recibido, o próximo goberno da Xunta de Galicia deberá remover os obstáculos que impiden o libre exercicio dos dereitos xa recoñecidos.

O PP vendeu unha imaxe de preocupación polas mulleres galegas. Así, temos observado nestes anos grandes titulares acompañados dunha maquinaria mediática que anunciaban accións, medidas e planos para as mulleres, pero que moitas veces quedaron en proclamas baleiras de contido a de orzamentos, sen actuar contra a orixe do problema que non é outra que a desigualdade entre homes e mulleres. E cando o avance das mulleres se detén, a igualdade retrocede.

Non houbo unha resposta firme e contundente ante os principais problemas da muller galega e os colectivos máis discriminados:

• Situación de Discriminación Laboral.
• Falta de servizos sociais.
• Violencia de Xénero.
• Discriminación na vida social, pública e económica.

As políticas a as medidas promovidas pola Xunta foron insuficientes, improvisadas e cunha clara vontade paliativa. Non tiveron en conta a situación e a problemática heteroxénea das mulleres en Galicia, evidenciaron descoordinación e mostraron unha carencia de recursos económicos para acometelas.

O PSdeG pretende, con este programa de goberno, recoller as accións que permitan acadar unha realidade de igualdade de xénero real e cotiá.

Accións elaboradas e deseñadas con detemento e consenso, con realismo e experiencia, por expertos e expertas, asociacións de mulleres e máis de duascentas persoas convencidas da necesidade imperiosa de seguir avanzando en igualdade.




« Volver
Unha Galicia forte: o impulso do autogoberno
Educación e innovación: O camiño do futuro
A nosa cultura, o noso país
Unha economía para os cidadáns. O emprego como prioridade
Política industrial
Enerxía, competitividade e medio ambiente
Telecomunicacións e Sociedade da Información
O desenvolvemento do medio rural e da agricultura
Pesca responsable
O turismo: eixo estratéxico de desenvolvemento e factor de reequilibrio territorial
Un comercio moderno e competitivo, comprometido co benestar dos consumidores e a cohesión de Galicia
Autónomos
Financiamento autonómico
Territorio e medio ambiente. Bases para o desenvolvemento sostible
Políticas sociais no centro da acción de Goberno
Saúde, cidadanía e dignidade das persoas
Vivenda
O consumo como dereito cidadán
Deportes
O compromiso coa igualdade
Unha realidade de igualdade de xénero real e cotiá
A participación na vida pública
A muller galega na Administración Pública
Mulleres prostituidas
Democratización do espazo privado
Reforzamento dun sistema de recursos destinados ó cuidado das nenas e nenos, así como das personas maiores e dependentes
Sensibilización e formación en perspectiva de xénero
Saúde e sexualidade
A muller no rural: un escenario de desigualdade
A muller no deporte
Liberdade sexual
Democracia e cidadanía. Calidade democrática: renovación da vida pública en Galicia
Reforzando os gobernos locais
Copyright 2005, PSdeG-PSOE - Optimizado a 800 x 600 píxeles