Contacto Accesible Gallego - Accesible Castellano - Gallego - Castellano
Autónomos
Autónomos
Os traballadores autónomos representan un piar fundamental no tecido económico e social das economías europeas e moi destacado na economía galega, polo seu potencial económico e forte repercusión no PIB.

A actividade dos autónomos conforma un sector en permanente transformación, adaptándose de cotío ós desafíos do mercado e afrontando con grandes esforzos estes cambios.

Froito da crecente externalización da produción das empresas e da terciarización da economía, tense producido a aparición de novas profesións e unha eclosión de traballadores autónomos.

Por isto a figura do autónomo é xeradora de riqueza e unha oportunidade de emprego, nos tempos de bonanza e moi especialmente nas épocas de crise.

Os socialistas, somos coñecedores dos problemas que sofren os autónomos e sabemos que é necesario adoptar iniciativas políticas que dean resposta ás demandas dun colectivo, que se caracteriza por unha gran dispersión no abano da actividade económica.

Pola súas especiais características, son traballadores que non perciben un salario, senón que a súa renda provén do beneficio potencial da súa actividade económica. Comparten, pois, a dualidade de ser empresarios e ó mesmo tempo traballadores.

Coa aparición dos autónomos dependentes, que prestan servizos a varias empresas, tense aumentado esa complexidade.

Por isto requiren dun tratamento global na solución das demandas, pois a súa complexidade e diversidade, provoca dificultades particulares, que deben ser analizadas para mellorar a súa situación económica e social.

Na actualidade, tras un amplo debate ó redor da regulación e homologación dos dereitos dos traballadores autónomos, tanto en España como no seo da U.E., estase abordando polo actual Goberno de España a elaboración do Estatuto do Traballador Autónomo, coa participación das organizacións de traballadores autónomos, para que as medidas que se adopten respondan ás necesidades reais dos mesmos.

Un estatuto dos autónomos, con rango de Lei, como norma básica de dereitos e obrigas, civis, laborais e mercantís.

Pero tamén no marco das competencias da Comunidade Autónoma, se deben adoptar medidas complementarias, que vaian na mesma dirección.

Por isto os socialistas galegos que queremos contribuír á defensa dos dereitos dos autónomos, impulsaremos medidas, que faciliten a aplicación do próximo estatuto e permitan atender mellor ás demandas dos autónomos galegos.

En materia de Relacións Laborais:

• Incorporando os autónomos ós planos de formación e inserción profesional.

• Adaptando e aplicando a súa actividade as normas de prevención de riscos laborais.

• En materia de Fomento do emprego autónomo.

• Un marco financeiro favorable ás traballadoras e traballadores autónomos.

• Programa especfico de microcréditos para autónomos.

• Bonificacións para a implantación de novos autónomos.

• Fomento do traballo autónomo no medio rural, diversificando a actividade e prestando servizos ó sector agrícola, gandeiro e pesqueiro.

• Potenciación do asociacionismo económico con fórmulas de cooperación para a produción e a distribución de bens e servizos.

• Promoción do asociacionismo autónomo

• Eliminación de obstáculos por razón de xénero.

• En materia de Eliminación de trabas administrativas Portelo único na xestión, simplificación e asesoramento de trámites administrativos.

• Creación de oficinas integradas no IGAPE.

• Representación nos órganos consultivos, especialmente no CES

• En materia de mellora da competitividade e calidade.

• Facilitar o acceso as novas tecnoloxías.

• Plan de renovación e ampliación de equipos informáticos.

• Promover a xestión integral en sistemas de calidade.

• Facilitar a protección de datos persoais.





« Volver
Unha Galicia forte: o impulso do autogoberno
Educación e innovación: O camiño do futuro
A nosa cultura, o noso país
Unha economía para os cidadáns. O emprego como prioridade
Política industrial
Enerxía, competitividade e medio ambiente
Telecomunicacións e Sociedade da Información
O desenvolvemento do medio rural e da agricultura
Pesca responsable
O turismo: eixo estratéxico de desenvolvemento e factor de reequilibrio territorial
Un comercio moderno e competitivo, comprometido co benestar dos consumidores e a cohesión de Galicia
Autónomos
Autónomos
Financiamento autonómico
Territorio e medio ambiente. Bases para o desenvolvemento sostible
Políticas sociais no centro da acción de Goberno
Saúde, cidadanía e dignidade das persoas
Vivenda
O consumo como dereito cidadán
Deportes
O compromiso coa igualdade
Democracia e cidadanía. Calidade democrática: renovación da vida pública en Galicia
Reforzando os gobernos locais
Copyright 2005, PSdeG-PSOE - Optimizado a 800 x 600 pνxeles