Galicia necesita unha saída. O barco precisa reparacións urxentes, pero sobre todo necesita unha nova tripulación, un novo piloto e un novo rumbo. O barco necesita saber onde vai, con.ar nas súas capacidades e poñer en funcionamento todos os seus recursos, que son moitos e moi bos, para que a travesía non sexa estéril.
Nesta situación, correspóndenos aos socialistas a responsabilidade de liderar o cambio político en Galicia, un cambio tranquilo e seguro, pero consistente e real, do que todos os cidadáns galegos van poder sentirse partícipes, os que voten ao partido socialista e os que escollan lexitimamente outras opcións.
Galicia atópase ás portas do cambio político. Os socialistas, xunto a unha ampla maioría de galegos, estamos convencidos de que o noso país protagonizará, a partir do 19 de xuño, a transformación e a modernización necesaria para acadar maiores cotas de benestar e cohesión social, crecemento económico e creación de emprego de calidade.
A sociedade galega ten a certeza de que son xa demasiados anos de goberno do PP en Galicia. Un partido que apraza continuamente a súa crise sucesoria, recorrendo a Fraga, pola incapacidade do Partido Popular para abordar con madurez e serenidade a súa propia renovación.
O Partido Popular e Fraga son o pasado. Déixannos a herdanza dun goberno esgotado e sen ideas que antepuxo sen pudor a súa supervivencia política ós intereses xerais dos cidadáns. O Partido Socialista asume e recolle o anhelo maioritario da sociedade galega de que o cambio se produza tamén en Galicia. O Partido Socialista conta cun liderato sólido, capaz de transmitir ilusión e un proxecto de futuro claramente de.nido e cun programa realista.
O Partido Socialista é hoxe un partido cohesionado e integrado, un partido de goberno, pero tamén un partido dos cidadáns. Un partido que sustenta un proxecto político capaz de suscitar as enerxías e a ilusión da cidadanía para o cambio que se aveciña, para o cambio que chama xa ás portas do país. Un partido que vai gobernar para o conxunto da sociedade, sen exclusións, sen sectarismos, sen malas maneiras.
Socialdemocracia e galeguismo son os dous sinais de identidade que de.nen, e sobre os que vai xirar, o proxecto político do cambio que propoñemos. Os socialistas queremos gobernar Galicia dende a socialdemocracia porque estamos convencidos de que só dende o ideario socialdemócrata se poden impulsar políticas que combinen a iniciativa individual coa extensión do benestar á colectividade e porque estamos convencidos de que só unha sociedade cohesionada e sen excluídos é unha boa sociedade.
Cremos que é necesario apostar polo potencial inmenso da educación, da investigación e da cultura, tanto como elementos básicos para unha mellor convivencia como na súa dimensión creadora de riqueza e oportunidades para todos.
E queremos unha Galicia socialdemócrata porque estamos convencidos de que só dende esta sensibilidade se poden poñer as bases dunha política medioambiental sustentable, que conserve e valore o noso patrimonio natural e evite desastres ecolóxicos como o do Prestige, unha desfeita que, a fin de contas, ten a súa orixe en políticas que poñen o lucro individual por riba dos intereses da comunidade.
Comprometémonos tamén a gobernar Galicia dende o galeguismo. Os socialistas galegos podemos reivindicar unha longa traxectoria autonomista e mesmo mostrarnos orgullosos pola nosa contribución á posta en marcha e á construción da autonomía galega. O noso galeguismo parte da constatación e da asunción da diversidade cultural e lingüística como un feito enriquecedor, pero non se detén aí.
Entendemos o autogoberno como un proceso de afondamento na democracia, como a construción continuada dun edi.cio institucional e dun marco político que teñen como principal finalidade converterse en motores do progreso económico, social e cultural de todos os galegos.
Galicia é un territorio, unha paisaxe, unha lingua, unha cultura, pero Galicia é, sobre todo, o conxunto dos seus cidadáns e das súas cidadás.
O galeguismo que propugnamos é para nós un compromiso cívico con Galicia e coa súa xente, un proxecto de avance democrático e de reforma social, unha aposta pola nosa identidade nacional e polo seu potencial creativo e xerador de responsabilidade cívica.
Un galeguismo solidario. Solidario en primeiro lugar coa nosa propia terra e cos galegos, pero solidario tamén con esa España plural e diversa coa que nos sentimos unidos pola historia, polo afecto e pola convivencia.
A esa España entendida como un espazo común de convivencia en paz, liberdade e solidariedade, queremos aportar tamén a nosa contribución propia e autónoma os socialistas galegos.
Aspiramos a converternos no eixo que vertebre esas ansias sociais de cambio, de renovación política, económica, social e cultural. Sabemos que outra Galicia é posible e queremos compartir o noso soño cos cidadáns. Unha sociedade en movemento porque xa non quere máis do mesmo, que demanda unha renovación urxente nas ideas, nas actitudes, nas condutas e nos gobernantes.
Un soño que é para nós unha obriga moral e política, a expresión do noso compromiso coa nosa terra e co noso tempo, con Galicia e coa súa xente.
É necesario abrir un tempo novo. Unha nova etapa da nosa historia, na que propoñemos pór en marcha todas as iniciativas necesarias para acadar os obxectivos da Nova Modernización de Galicia.
Un tempo no que impulsaremos a reforma do Estatuto de Autonomía, para que siga a ser o mellor instrumento para o progreso e o benestar da sociedade galega.
Propóñolle aos galegos un programa global de renovación política, económica, social e cultural que supere a actual inercia e que lle dea un novo impulso ao país.
Un tempo novo, que non pode ignorar a realidade da que partimos nin quere ser a continuación dunha etapa que remata.
Os socialistas concorremos a estas eleccións coa proposta aos cidadáns e cidadás de Galicia dun Goberno próximo e e.caz que impulse a renovación da vida pública, unha sociedade cohesionada e segura. Un goberno para novas políticas sociais, para as novas necesidades das persoas e das familias, radical igualdade de homes e mulleres, un progreso económico baseado na produtividade, na innovación e no traballo de calidade, a educación como un valor social e económico, a cultura, xeradora de riqueza e de identidade e un goberno que defenda as lexítimas aspiracións e intereses das galegas e dos galegos en España e en Europa.
Todos eles atenden a problemas reais dos galegos. O seu obxectivo non é outro que camiñar a prol dunha sociedade moderna, solidaria e mellor preparada para enfrontar os retos do futuro.
Movémonos por Galicia, movémonos por ti.
Emilio Pérez Touriño
|