Contacto Accesible Gallego - Accesible Castellano - Gallego - Castellano
Naceu en A Coruña fai 56 anos, Emilio Pérez Touriño considérase por familia e crianza unha mestura de pontevedrés e vigués. É doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi Vicerrector para Asuntos Económicos. Está casado e ten dous fillos. Realizou estudios de especialización no Instituto de Investigación e Planificación de Desenvolvemento na Universidade de Grenoble -Francia-.

Autor de numerosos estudios sobre temas de desenvolvemento rexional e economía agraria no marco da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias, Pérez Touriño dirixiu traballos e publicacións en relación coas infraestructuras e o crecemento económico de Galicia.

Comprometido desde a súa xuventude cos movementos democráticos de loita coas liberdades, dirixente estudiantil e activo militante progresista durante a transición democrática, participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos pactos do Hostal que o posibilitaron.

Na súa traxectoria política cabe sinalar a súa participación nos gobernos socialistas de Felipe González desde 1985 a 1994. Foi subsecretario do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións, pasando despois a desenrolar a súa actividade na Secretaría Xeral de Infraestructuras do Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente. Nesta época asumiu a responsabilidade das grandes obras de infraestructuras viarias e ferroviarias da modernización de España.

É precisamente como responsable de Infraestructuras desde onde asumiu a tarefa de finalizar a Autopista do Atlántico, a execución das autovías de enlace de Galicia coa Meseta e os convenios coas grandes cidades galegas.

Formou parte da primeira Comisión Executiva Federal do PSOE con José Luis Rodríguez Zapatero como Secretario Xeral, desempeñando o cargo de Responsable de Desenvolvemento Rexional e Infraestructuras.

Na actualidade é Secretario Xeral dos socialistas galegos, Portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia e Candidato Socialista á Presidencia da Xunta.
« Volver
Copyright 2005, PSdeG-PSOE - Optimizado a 800 x 600 píxeles