27/07/2005 Pleno da Sesión de Investidura Touriño promete un goberno "transparente" e di que non haberá cambio ata que desaparezan as prácticas "opacas" da actual Xunta Touriño fixou coma os seis eixes fundamentais do Goberno que presidirá, o fortalecemento de Galicia como realidade política e institucional, dar unha nova dimensión á presenza de Galicia en España, mellorar a calidade da democracia, orientarse cara un desenrolo económico rápido, equilibrado e sostible, garantir a calidade dos servizos públicos e a defensa da lingua e a cultura de Galicia. Fortalecemento da democracia. Esta é unha das claves fundamentais manexadas polo próximo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, durante o discurso que pronunciou na sesión de Investidura. O líder socialista prometeu un "cambio rápido, intenso e profundo" na cultura política do poder actual, que fundamentou na "opacidade, discrecionalidade sen control e partidismo". De feito, chegou a afirmar que "por moito éxito que teñamos no demais, mentres este tipo de prácticas non desapareza, non poderemos dicir que houbo cambio en Galicia". Touriño fixou coma os seis eixes fundamentais do Goberno que presidirá o fortalecemento de Galicia como realidade política e institucional, dar unha nova dimensión á presenza de Galicia en España, mellorar a calidade da democracia, orientarse cara un desenrolo económico rápido, equilibrado e sostible, garantir a calidade dos servizos públicos e a defensa da lingua e a cultura de Galicia. O futuro presidente galego dirixiu un discurso que el mesmo calificou de "duro" contra a actual Administración, afirmando que a súa cultura política "non é compatible cos valores e co funcionamento dunha democracia moderna" e acusándoo de "voltarse opaco e con iso aumentou extraordinariamente a súa capacidade de actuar discrecionalmente", sen dar contas da súa xestión e convertindo nun "arancel" a fidelidade política. Por iso, se comprometeu a "instaurar os valores cívicos das mellores democracias", coa soberanía do cidadán, a submisión dos gobernantes aos cidadáns e a consideración da Administración como servidores públicos, con transparencia e limpeza nos procedementos. Neste contexto, sinalou como o comezo do control do poder político o propio Parlamento, no que se comprometeu a comparecer en todos os plenos, así como a facilitar a constitución de comisións de investigación ou a creación dunha Oficina Orzamentaria para el seguimiento de las cuentas.
Copyright 2005, PSdeG-PSOE - Optimizado a 800 x 600 píxeles
|