Foto de Emilio Pérez Touriño a la izquierda, logotipo del PSDG, letras blancas sobre fondo rojo a la derecha y texto Preparados para gobernar... e entusiasmados, esperanzados, optimistas, convencidos, contentos, agradecidos... Galicia como a queremos


22/07/2005
Touriño comprométese a abrir un novo tempo de transparencia, integración e diálogo
A Presidenta do Parlamento encárgalle a Touriño a responsabilidade de ser o Candidato á Presidencia da Xunta



Santiago, 21/07/05. Emilio Pérez Touriño afirmou hoxe despois de que a Presidenta do Parlamento, Dolores Villarino lle encargase a responsabilidade de ser o candidato á presidencia da Xunta no debate de investidura, que "asume a responsabilidade plenamente sabendo que Galicia inicia un novo tempo, un novo período da súa historia democrática derivada do mandato das urnas".



"Asumo a responsabilidade dende a esperanza plena nas posibilidades de Galicia do futuro deste país, e dende o compromiso de exercer esa función para abrir un novo tempo caraterizado pola transparencia a integración e o diálogo" afirmou.



Touriño asegurou que solicitará a confianza da Cámara, "dende o compromiso de que ninguén quede excluido do proceso político que se abre con vontade de inclusión, integración e de diálogo con todas as forzas políticas". Destacou que exercerá unha presidencia que busque, por riba de todo, "o diálogo de todas as forzas políticas".



Sinalou que os eixos do compromiso, da solicitude de confianza que presentará no Denate de Investidura diante a Cámara será a modernización tecnolóxica e económica do país, a creación de emprego e a converxencia real de Galicia co resto de España, a Galicia social e solidaria co fortalecimento dos servicios públicos, sociais e da igualdad e o impulso do autogoberno e o fortalecimento do papel de Galicia en España e en Europa.


O Candidato á presidencia da Xunta destcaou que o traballo político a favor da igualdade de xénero será "un compromiso indeclinable do próximo Presidente da Xunta e da maioría política que o sustenta e apoia". "O goberno corresponderá co criterio estricto de paridade, a igualdade real entre homes e mulleres" asegurou. Dixo que quere "un goberno que se pareza á sociedade, que reflicta a composición e o talante da sociedade galega".


Respecto ás adxudicacións do goberno en funcións, destcaou que "o comportamento do goberno da Xunta pretendendo deixar pechado o mapa futuro da comunicación de Galicia, na víspera e incluso en pleno debate de investidura, "indica non saber retirarse do exercicio político da gobernabilidade coa lealtade precisa e indispensable".


Touriño afirmou que "hai un exercicio desmedido partidario, non respetuoso co proceso de transición e de transferencia de funcións". "Non estou falando da legalidade, é un debate de sentido común de respeto e de lealtade ao que un representa" dixo, "hai unha extralimitación que está condicionando o voto dos cidadáns a favor da formación dun novo goberno". Asegurou que hai unha extralimitación solicitou do presidente en fucnicóns que "medite e trate de non ir máis alá do que realmente lle corresponde".



Copyright 2005, PSdeG-PSOE - Optimizado a 800 x 600 píxeles

Icono de conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI