O Parlamento acaba de elixir ao candidato do PSdeG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, como novo presidente da Xunta de Galicia. O socialista obtivo a maioría absoluta, 38 escanos, grazas aos apoios do grupo socialista e os do grupo do BNG. O Partido Popular, que conta con 37 actas no Parlamento, votou en contra.
Despois da votación, efectuada de viva voz na cámara. A presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, proclamou a Emilio Pérez Touriño como novo presidente. |